O video inclúe entrega de Premios.
Tras o éxito de asistencia das anteriores, esperábase para o Domingo cans procedentes de toda a península. Esta Feira, organizada pola Asociación de Amigos dos Cans de Caza de Arzúa é a máis antiga e recoñecida de España no sector, a edición inaugural realizouse no ano 1986.
A feira divídese en dúas xornadas, celebrándose unha o último domingo de setembro e a outra o primeiro domingo de outubro. Na primeira das xornadas se ofrece a posibilidade de que os/as interesados/as proben os cans, para na segunda pechar o trato.
Durante a primeira convocatoria vendéronse os cachorros de diversas razas caninas de caza e, os compradores dispuxeron dunha semana de proba para comprobar se son idóneos para esa actividade. Entre os exemplares que se poderon ver, estuveron cans das razas beagle, pointter, setter inglés, griffon korthal, braco alemán, teckel, griffon bendeano, leonado de bretaña, bruno de xura ou sabueso suízo, entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario