O carballo con botas existe, no outono recollemos botas vellas, facémoslles buraquiños, enchémolas de terra e pousamos dentro delas belotas, castañas.... para empregalas como viveiros forestais. Na primavera xorden os carballos (e castiñeiros, e nogueiras) con botas, que viaxan o longo do ano polas escolas como parte do proxecto de contos medioambientais, deixando a mensaxe de que dentro do vello, da destrución, do lixo... pode xurdir a esperanza, a vida, o futuro.A Concellería de Cultura e Mocidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Arzúa, convocounos a participar nas Ciclobibliotecas: con contacontos, xogos e obradoiros pra tódalas idades.
Anxo Moure chegou cos seus contos a praza da vila.
Anxo Moure chegou cos seus contos a praza da vila.
Sucedeu o Sábado 6 de outubro, entre as 5 e as 8 do serán, e deixamosvos aquí, todo o que aconteceu este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario