miércoles, 23 de enero de 2008

Fío da tradición en Arzúa ( Liño - Lino - Flax - Linum usitatissimum )

Exposición das Xornadas do Liño, na Capela da Madanela en Arzúa (xaneiro 2008)

A Asociación de Mulleres Rurais de Arzúa, ao longo do ano desenvolve as Xornadas do Liño que engloban dende a sementeira do liño até o tecido, pasando polas distintas etapas: arrincado, ripado, mazado, espadelado, restrelado, fiado, debanado, clareo e tecido.


En Galicia hai varias especies do xénero Linum. O liño cultivado (Linum Usitatissimun), é chamado liño manso ou galego. Trátase dunha planta anual que pode alcanzar desde 30 cm ata 1 m. Posúe follas lanceoladas con tres nervios, flores dun azul vivo que poden chegar ós tres cm de diámetro, e o seu froito é globuloso.
Fonte: O Liño en Galicia


No hay comentarios: