sábado, 21 de junio de 2008

XXIII Mostra Galega de Apicultura - ARZUA 2008

A abella existe sobre o noso planeta desde hai 80 millóns de anos, conxuntamente coa aparición das plantas con flores. O 80% do noso contorno vexetal é fecundado polas abellas, que xogan un papel preponderante como polinizadores. Grazas a este fenómeno temos froitos, sementes e novas plantas. Case o 40% da nosa alimentación (froitos, legumes, etc.) dependen exclusivamente da acción fecundadora das abellas...

Hoxe, despois de ter sobrevivido a todos os cambios climáticos, as abellas están ameazadas por razóns de cambios profundos do medio ambiente, debidos sobre todo ao emprego abusivo de fitosanitarios cada vez máis tóxicos.

A partir de 1995, preto do 30% das colonias de abellas desaparecen cada ano, nalgúns lugares desapareceu ata o 80% da cabana apícola. Nos dez últimos anos, moitos apicultores abandonaron a súa actividade e as produccións descenderon.

É preciso alertar o gran público da situación inquietante e tratar de protexer a abella e a apicultura que dela depende...


As abellas e o Medio Ambiente
Centro de divulgación do Queixo e do Mel

Neste 7 de xuño de 2008 celebramos en Arzúa a 23.ª edición da MOSTRA GALEGA DE APICULTURA, no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel, en Arzúa (Galicia).
Esta é unha cita obrigada para a familia abelleira galega, xa que trátanse asuntos de vital importancia para a nosa actividade.

Durante todo o día, houbo feira de material apícola, intercambio de cera dos abelleiros por láminas e materiais subvencionados polo Plan Apícola 2008.

Se inició unha nova actividade sobre innovacións apícolas, coa presenza dunha desoperculadora arxentina e unha carreta alemá que falicitan o traballo.




PROGRAMA

Ás 11 horas - Mesa redonda :­

― A desaparición das abellas e a situación europea, por Etienne Bruneau, presidente do grupo MEL do COPA-COXECA ( Bélxica).
―Novo sistema para o tratamento da varroa, que este ano será gratuíto. Procedemento para a exención do tratamento obrigatorio contra a varroa, por Julio Cañás do Servizo de Sanidade Animal. Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia).
― Tratamentos das froiteiras, en ecolóxico, con produtos non daniños para as abellas, por Francisco Otero, xefe do Servizo Técnico-Agrario da Conselleria do Medio Rural (Delegación da Coruña).

Ás 13 horas : Asemblea xeral de ERICA MEL, S.C.G

Ás 14 horas : Xantar de campo - Na carballeira, diante do Centro de Divulgación, teremos o xantar de confraternidade.

DURANTE TODO O DÍA:
Feira de material apícola e reciclado de cera.
Presenza de innovacións apícolas.

Asociación Galega de Apicultura
Centro de divulgación do Queixo e do Mel

No hay comentarios: