jueves, 6 de marzo de 2008

Acto Inauguración XXXIII Fiesta del Queso en Arzúa

La XXXIII Fiesta del Queso de Arzúa, se abrió este año con el pregón del dibujante Xaquín Marín, quien realizó un discurso, a modo de viñeta, encontrando en el queso de Arzúa, la escencia de Galicia.





PREGOEIRO: XAQUIN MARÍN, debuxante, ilustrador...

Quen é
Xaquín Marín (Ferrol, 1943) é para moitos o humorista gráfico por excelencia das viñetas galegas. No seu traballo, cheo de compromiso social, podemos percorrer os últimos trinta anos de Galiza desde a política, a ecoloxía, a lingua ou a sociedade e sobre el recae a honra de ser, xunto con Raimundo Patiño, fundador da Banda Deseñada galega. Xaquín é ademais o alma mater e director do Museo do humor de Fene, unha iniciativa sen parangón no estado.

Resumo da súa traxectoria
Desde 1975 ten compaxinado ilustración, banda deseñada e un inxente labor como cartelista e humorista gráfico. Defensor das liberdades e da lingua galega, ten colaborado cunha infinidade de publicacións que inclúen "Teima", "A Nosa Terra", "El Ideal Gallego", "Das Kapital", "Can sen dono", "A ameixa cacofónica", "Diario16", "La Codorniz" e "Hermano Lobo", "Golfiño"... e contribuíu activamente a iniciativas artísticas como a resposta crítica á crise do Prestige, promovendo a exposición "Humor Cru" e participando no álbum de cómic "H2Oil" (2003). O seu incansable traballo gráfico, valeulle o Premio Galicia de Xornalismo, o Premio Ourense de Banda Deseñada, e o Premio Galicia de Comunicación de 1996 entre outros moitos galardóns.


Presente
Xaquín non deixa de traballar, e está pendente da vindeira publicación de "O peixe de pedra", un conto infantil no que se encarga das ilustracións. Para o vindeiro mes de marzo unha exposición de homenaxe organizada polo Concello de Ferrol celebra os trinta anos de traballo dun autor xa imprescindible para coñecer a Galiza contemporánea.

Esta é a súa biografía, redactada polo propio artista
“Chámome Xaquín Marín Formoso. Nacín hai 50 anos en Ferrol. Eran anos de fame e algo había que facer ó non haber TV, así que comecei a debuxar con pizarra e cuspe, ata os nosos días nos que variei un chisco de técnica, pero tampouco vaiadades pensar. Levo feitas máis de 200 mostras, quizais 300 por toda Galicia, España, Cuba, Puerto Rico, Bélxica, Canadá, Ucrania, Francia, Bulgaria, Turquía, etc. etc. Ilustrei libros de Neira Vilas, Ramón de Valenzuela, Ben Cho Sey, Manuel María, Pere Calders... tamén traballei na serie Canles e na serie Lingua. Traballei ou traballo en publicacións de todo o estado e algunhas do estranxeiro, citarei: La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia...Teño moreas de premios, dos que saliento o 1º da Bienal de Bávrobo e dúas Paletas Agromán. Con isto e máis de 20 anos de traballo, cheguei a ser un ilustrador ó que ninguén dá traballo.”


Fuente: Dossier Festa do Queixo 2008

2 comentarios:

Netos de Lalín dijo...

Hola!!

Soy o responsable do blog Netos de Lalín, que nace a aprtir da vosa idea!!

Gustaríame que teñamos un enlace no nosos blogs...e pronto farei un lgo para a nosa web e así podredelo poñer no voso blog.

Saúdos,

Nicolás

Netos de Lalín dijo...

http://osnetosdelalin.blogspot.com