domingo, 17 de febrero de 2008

Cea-Baile de Antroido 2008, en Arzúa




O luns, 27 de xaneiro, celebrouse a tradicional Cea de Antroido no Multiusos de Arzúa, organizada pola Asociación de Hosteleiros de Arzúa, en colaboración coa Asociación de Amas de Casa de Arzúa.

Trátase dunha cea-baile de disfraces que congregou a moitos veciños, amenizado por unha orquestra onde tamén se premiaron os mellores disfraces tanto individual como por parella.

Os veciños de Arzúa encheron o Recinto Feiral "Terra do Queixo", de cor e festa.

No hay comentarios: