domingo, 18 de noviembre de 2007

En Novembro, Magosto e Castañas en Arzúa


O pasado día 8 de novembro celebrouse o Magosto no noso Cole.
Tod@s as nenas e nenos, agardaban polas castañas.
Nestas fotos amosámosvos como asámo-las, mentres isto se vai facendo, os demais participantes preparan o sitio onde comelas e fan cucuruchos de papel para levalas.
A festa e moi leda... Ao final saltamola fogata para que dea boa sorte.


O Magosto
O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva o nome deste santo.
Outra data case obrigada para comer castañas é o primeiro de Maio, chamándoselles "MAIOLAS ou MAIAS", e comíanse para "non desmaiarse o resto do ano".
Tamén se comían as castañas na Coresma cando había o costume de que non se comese carne. Fíxate se se comían castañas en Galicia que ata que apareceron as patacas no lugar destas consumíanse as castañas.
Hai moitos xeitos de comer castañas: Castañas asadas, castañas cocidas, caldo de castañas, etc.
Para que lles sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar. Chámanse zonchos.

Fonte: CEIP de Palmeira

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Chicos! Soy Raquel la chica que estuvo de prácticas en Radio Arzúa ! Os acordais ? llevaba mucho tiempo sin pasar por aqui...pero hoy de nuevo me habeis venido a la memoria y me pase por aqui...Como siempre veo que seguís activisimos y actualizando la página muy a menudo !! Mucha suerte y mucho animo !! un biquiño!

0 dijo...

Hola Raquel...
Qué alegría !!!!
Claro que nos acordamos de ti, muchas gracias por todo lo que nos ayudaste y compartiste con nosotros...
Ojalá ya trabajes en alguna radio, ya que eres una excelente profesional.
Si no es así, los Directores y Productores, no saben lo que se están perdiendo...
Gracias por los ánimos y muchos biquiños dos Netos de Arzúa...