lunes, 15 de octubre de 2007

Día de Acción del Blog - Blog Action Day (Medio Ambiente)


15 de outubro de 2007

"Un día. Unha cuestión. Miles de voces"

Hoxe, no "Día de Acción del Blog", únense mais de 10.000 bloggers do Mundo, pra chamar a atención a unha causa común: O Medio Ambiente.

Qué podemos facer os nenos?

Hai moitas cousas que se poden facer para protexer o medio ambiente, algunhas delas teñen que ver cun consumo racional dos recursos que nos ofrece o Planeta.

Para lembrar as accións principais á hora de racionalizar o consumo de materias primas creouse a consigna: "Tres Erres"

Reducir (que se aconsella moderar o consumo),
Reutilizar (que propón usar aquelas cousas que aínda funcionen e non cambialas rapidamente por outras polo simple feito de que sexan novas) e finalmente,
Reciclar (é dicir, volver a utilizar os materiais recuperables de todo aquilo que desbotamos).

Outra forma é protexendo os Espazos Naturais.

A mellor maneira que os organismos públicos teñen pra protexer a natureza é a través da creación de espazos naturais como as reservas da natureza, os parques nacionais, os espazos protexidos, etc.

Pero... pra protexelos, debemos querelos e pra querelos tenemos que coñecelos...

Como nenos, nosa "Misión" podería ser, dalos a coñecer, como fixémolo Álvaro mais eu, nun traballo escolar, que aquí vos deixamos:


1 comentario:

Anónimo dijo...

...please where can I buy a unicorn?