viernes, 19 de octubre de 2007

Baixo dos mares de Galicia

- Capitán, vostede ama o mar.

- ¡Si! ¡Ámoo! ¡O mar é todo! Cobre as sete décimas partes do globo terrestre. O seu aire é puro e san. É o inmenso deserto no que o home nunca está só, xa que sente a vida por todas partes. O mar non é máis que o vehículo dunha existencia sobrenatural e prodixiosa; non é máis que movemento e amor; é o infinito vivo, como dixo un dos seus poetas.
E, en efecto, señor profesor, a natureza maniféstase nel cos seus tres reinos: mineral, vexetal e animal. Este último está amplamente representado polos catro grupos de zoófitos, por tres clases de articulados, por cinco clases de moluscos, por tres clases de vertebrados, os mamíferos, os réptiles e esas innumerables lexións de peixes, orde infinita de animais que conta con máis de trece mil especies das que tan só unha décima parte pertenece á auga doce. O mar é a vasta reserva da natureza. Polo mar comezou o mundo, e ¡quen sabe se non rematará nel! Nel está a suprema tranquilidade. O mar non pertence aos déspotas. Na súa superficie aínda poden exercer dereitos inicuos, loitar, devorarse e transportar todos os horrores terrestres. Mais a trinta pés de profundidade, o seu poder cesa, a súa influencia apágase, o seu poder desaparece.
¡Ah! ¡Señor, viva, viva no seo dos mares! ¡Só neles está a independencia! ¡Aí non recoñezo donos! ¡Aí son libre!

O capitán Nemo calou de súpeto no medio deste entusiasmo que irradiaba. ¿Deixárase levar máis alá da súa habitual reserva? ¿Falara demasiado? Moi axitado, paseou durante algúns instantes. Logo, os seus nervios calmáronse, a súa fisionomía recuperou a súa acostumada frialdade e, volvéndose cara a min, díxome:

Agora, señor profesor -díxome-, se desexa visitar o Nautilus, estou á súa disposición.

Vinte mil leguas baixo dos mares
Jules Verne


Aquarium Finisterrae de A Coruña

No hay comentarios: