María Dolores Casanovas González, coñecida como Ana Kiro é unha cantante galega nada en xaneiro de 1942 na Castañeda, Arzúa.
A carreira de Ana Kiro iníciase en Barcelona, dentro da colectividade galega.
Casada moi nova, tamén moi nova se separa e ten que sacar adiante a economía familiar e mais unha filla. Proba sorte co mundo da canción, que ata daquela fora só unha afección, e colleita un moderado éxito ata que ficha pola discográfica Belter. Fai entón xiras con cantantes de música lixeira como José Guardiola, participa en distintos concursos da canción e logo traballa como vocalista nun programa de Televisión Española, Galas del sábado, presentado por Joaquín Prat e Laura Valenzuela.
A comezos dos setenta fai as primeiras viaxes a Galicia e coñece o compositor Manuel Muñiz. Este adapta un tema popular e cédello a Ana Kiro para que o interprete. Será o Galicia, terra meiga, de 1973, que ten que gravar no selo Olimpo, dedicado á música folclórica, por estar en galego. Dese tema vende máis de 100.000 copias e permanece durante tres meses nas listas de vendas en toda España. A partir dese tema continuou as colaboracións con Muñiz, e mais tamén con Xosé Luís Blanco Campaña como intérprete e compositor.
"Galicia, terra meiga" ábrelle a Ana Kiro as portas da emigración, e comeza a viaxar a Suíza, a Alemaña, a Francia, e a partir de
A finais dos oitenta retírase do mundo da canción. En 1995 fanlle unha homenaxe na Coruña, que se retransmite pola Televisión de Galicia e que acada unha grande audiencia. Despois de oito anos apartada completamente dos escenarios, actuou de novo o 14 de setembro de 2007 en Mera, nun concerto de homenaxe á súa traxectoria.
Fonte: Galipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario