Don Xosé Luis García López, Conselleiro de Cultura e Mocidade, Educación e Normalización Lingüística de Arzúa, convocou a mocidade arzuán, porque ten a intención de programar actividades culturais dirixidas fundamentalmente aos mozos e ás mozas.
Dixo Xosé Luis, “faremos un especial fincapé nos gustos e nas afeccións da mocidade”, por iso quere que eles acheguen ideas e propostas.
Pero, quen consulta aos nenos/as?
Nos tamén habitamos o Pobo, por iso igual fomos e fixemos propostas...
Proclamamos nosos dereitos como cidadáns, do presente e futuro.
Aquí vos deixo o que aconteceu:
Propostas dos Netos de Arzúa para cultura:
1.- Un concurso en Ribadiso, de cometas feitas polos nenos.
2.- Un informativo Comarcal semanal, con noticias escritas e lidas en galego, polos nenos, diante dunha cámara de video e logo colgalas en Internet, para poder practicar nosa lingua.
Propostas dos Netos de Arzúa, para quén corresponda:
1.- Un espazo para xogar preto do Cementerio.
2.- Unha pista de patinaxe sobre xeo, durante 15 días, no Nadal.
3.- Un espazo para poder practicar skate, patinaxe e outros deportes propios da nosa idade, no Parque infantil.
4.- Un carril-bici, para poder pasear en bici, polo Pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario