Dossier XXV Aniversario
Festa dos Botes
Festa dos Botes
Xa son 25 anos que a nosa pequena Vila leva celebrando este evento lúdico de forma regular todos os primeiros fin de semana do mes de Agosto.
Cabe suliñar que dita festa posúe un antecedente histórico que a convirte nunha das máis antigas e senlleiras da comarca.
Para atopar dita referencia debémonos remontar aos anos corenta, cando un grupo de mozos e mozas da bisbarra se desmarcou do institucionalizado arte de engalanar o pobo con luces e bandeiras substituíndo ditos enseres por latas, tixolas, potas.. Esta variación ven dada tanto polo delicado momento histórico(en plena posguerra civil) como por un afán de rebelión contra os estamentos sociais que gobernan a nosa vila. Esta ”irreverencia” non foi moi ben acollida por ditas institucións e nos anos cincuenta a igrexa presionou para que se prohibise a festa.
Non sería ata principios dos anos oitenta, máis concretamente en 1982, cando de novo, un pequeno grupo de mozos e mozas arzúans decidiron rescatala do ostracismo e facer que chegase ata nós coa mesma forza e ilusión que o primeiro día. Paradóxicamente , un dos artífices dese rexurdimento foi Jorge de Castro, sobriño do cura Don Manuel Castro (”arrieros somos e no camiño nos veremos”).
Corría o ano 82 cando de novo as rúas de Arzúa se vestían con estandartes pouco usuais para celebrar a primeira edición da FESTA DOS BOTES. Naquela ocasión o grupo de veciños que formaban parte da comisión de festas organizáronse para buscar todo tipo de latas e así confeccionar as ristras que adornarían as principais rúas da vila xunto coa praza onde se celebrarían os principais festexos.
Así daba comezo a un despregue de charangas e agrupacións folclóricas aderezadas con fogos de artificio e xogos populares como o lanzamento de pucheiros que máis tarde adoptaría o sobrenome de ”Memorial Luis Veiga” en referencia a un dos nosos veciños.
Unha xornada que transcurriría alegremente entre aturuxos, baile e risa ata ben entrada a madrugada, para ao día seguinte concluír cunha xornada de comida campestre no lugar coñecido como a capela da Fonte Santa, unha vez máis, poñiase de manifesto a vinculación da festa cos seus detractores.
Nos primeiros anos a festa non sufriría variacións significativas nos seus contidos e sería no ano 86, coincidindo coa comisión formada por Carlos Mariño (actual manager de grupos records de ventas como Dover, Alaska, e Kiko Veneno entre outros), Villanueva, Mato, Fiskelas, Ameixa, Peki e Michel cando se plantaría a semente do festival rock que faría que a festa fose coñecida fóra das fronteiras do noso concello. Aquel ano a comisión contratou a Radio Océano, grupo liderado polo hoxe corresponsal de TVE en Galicia Xosé Manuel Pereiro, presentando o seu único disco ”Nin falta que fai”. Pereiro, alias Johnny rotring por aquel entonces, rematou dándose de cabezadas contra un enorme bote colocado no centro do escenario. Un exitazo.
Tras esta edición quedaría de manifesto que o rock encaixaba perfectamente coa identidade da festa e nos vindeiros anos a vila de Arzúa sería parada obligatoria da escena do rock alternativo do nos o país, convertíndose este festival nun referente e pioneiro dentro da nosa comunidade autónoma.
Pola festa pasaron grupos como Desperados e Brighton 64 aló polo ano 87, uns auténtico descoñecidos daquela, pero que hose en día forman parte da historia musical española.
No ano seguinte tivemos a visita de Pepe Risi e os seus, entón sonou aquelo de ¿que hace una chica como tú en un sitio como este?, inesquecible himno xeracional dos Burning, que compartían cartel cos desaparecidos BB Sin sed e
En 1990 o cartel formárono Las flores del mal, Raiser e Mermalada, para continuar nos seguintes certames, de grupos, entre outros, como Cool jerks, Los Flechazos e Les Curs (1991), Los Nikis e Domingo y Los Críticos (en 1992), a actuación e presentación do primeiro tandem formado por Andrés Calamaro e Ariel Roth, Los Rodriguez. En 1994 chegaría o rock de Los Deltonos e Australian Blonde. No ano seguinte, progamarían un dos festivais máis concurridos e con maior calidade, en aquel verán de 1995 veríamos desfilar polo escenario da festa a Sex Museum, Los Planetas, Doctor Explosion, Amphetamine Discharge, Killer Barbies y Heredeiros da crus. Ademáis nesta ocasión entre o público contamos coa presenza de excepción de Josele Santiago e Fino Ollonarte, compoñentes de Los Enemigos (un dos grupos máis admirados do no noso pobo) ademáis de un descoñecido Xoel Deluxe. Un ano despois actuaría o grupo decano da escola ”indie” española, os maiorquins Sexy Sadie ademáis de El Niño Gusano e Vancouvers.
E así chegaráimos ao ano 1997, este ano a festa aumentaría a súa oferta músical ampliando a dous días de concertos. Foi o ano de Dover, Chucho e os norteamericanos Summy, cerrando o cartel da primeira xornada o grupo tecno Side Effects que remezclaba a Nirvana nun dos seus temas.
Para o segundo Día contaríamos coa presenza de Amparanoia xunto con Micromachines ademais duns inesperados e benvidos a última hora (que so cobraron hotel) Hechos contra el Decoro. Sete grandes grupos nun mesmo cartel. Un bo 15 aniversario.
Dende ese 15 aniversario, ata este 25, pasarían entre moitos outros, grupos punteiros como Siniestro Total, Lamatumbá, Sugarless, Sidonie, M-Clan, Maga, Second, Chucho e un longuísimo etc...foron pasando ano tras ano polo festival, así como unha gran representación de grupos galegos de todos os estilos que por razóns prácticas, non imos pasar a numerar.
Por todo isto, os mozos e mozas de Arzúa, cremos que falar da FESTA DOS BOTES, é falar sen dúbida dos festivais de rock que o logo destes anos se veñen a celebrar.
Hoxe en día prácticamente calquera localidade ou municipio galego conta nas súas festas cun apartado para a mocidade en forma de festival de rock, pero na nosa vila corría o ano 1985 ( en pleno auxe da movida madrileña(, cando podemos atopar a primeira referencia en canto ao festival de rock, a celebrarse na praza da vila (facendo referencia ao clasico tema dos Tequila ”vamos a tocar un rock’ n’roll a la plaza del pueblo”) sendo, sen lugar a dúbidas, un concello pioneiro neste tema. Dende entón, non se parou ata chegar hoxe, a poder dicir que celebramos o XXV aniversario desta festa maior para a toda a mocidade de Arzúa.
Por todo iso, creemos que falar de Arzúa, no só é falar de Queixo, senón que tamén é falar de Rock’n’roll.
Este ano, agardámosvos no XXV aniversario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario