domingo, 8 de julio de 2007

Polbo a feira (Pulpo a la feria) - Feira de Arzúa (Galicia)


Ingredientes:
  • 1 polbo de 1 quilo
  • pemento picante
  • pemento doce
  • aceite
  • sal groso

Instrucións

  • Mellor utilizar un polbo conxelado, pois así evítase ter que mazalo para que non estea duro.
  • Unha vez desconxelado, ponse a ferver auga abundante e, cando estea fervendo, collese o polbo pola cabeza e mergúllase unhas can­tas veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel.
  • Deixase cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
  • Unha vez coci­do, escórrese e córtase cunhas tesoiras.
  • Sérvese nun prato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pemento.
  • Dependendo do forte que o quei­ramos, engádese o pemento picante, doce ou mesturado.
Fonte: Galipedia y Fillos de Galicia

No hay comentarios: