sábado, 21 de julio de 2007

Festas 2007 da Virxe do Carme - Arzúa (Galicia)

Coa chegada do verán, chegan as primeiras celebracións, unha de elas é a Festa da Virxe do Carme.


Esta festividade, na que se honra á Virxe do Carme, Patroa de todos os arzuáns, atrae á vila, a milleiros de visitantes.

Esta celebración, que conta cunha importante raigame no municipio, ten lugar cada 16 de xullo, e durante varios días sucédense os pasarrúas, charangas e gaiteiros, bandas de música, verbenas, actos culturais e relixiosos, que enchen de rebumbio as rúas da Vila.

Para os nenos, a Comisión prepara a Festa do Río con Brétema Ocio y Tempo Libre, e varias atraccións no Parque.

Pola noite, as verbenas foron amenizadas polas orquestras D'Tacón, Nueva Moda, Los Satélites e Midas, todas de Sito Mariño Espectáculos

No hay comentarios: