Ingredientes: Tres cuartos de quilo de fariña, fermento, dous ou tres ovos (non son imprescindibles), unha lata ou dúas de bonito, 250 gramos de cebolas picadas, un pemento grande picado, un cuarto de litro de aceite, pementón e sal.
Preparación:
A masa: Xúntase a fariña e no oco botamos auga, ovos se se queren, manteiga, fermento e sal. Amasamos ben e envolvémola nun pano, deixándoa levedar.
O recheo: Nunha tixola con aceite ó lume fritiremos a cebola e mailo pemento. Unha vez frito engadiremos o bonito e o pemento, e sálgase todo isto. Rematado o recheo, a masa xa estará a punto e co rolo estirarémola. Collemos a empanadeira e poñeremos a masa estirada enriba.
Cubrirémola co recheo. Seguidamente estiramos o resto da masa e poñerémola enriba; pecharase cun corrosco e picarase co garfo en tres ou catro sitios para que non colla aire. Pódese pintar de ovo batido, para que quede máis dourada.
Métese ó forno e déixase cocer ó gusto.
jueves, 17 de mayo de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Mmmm...! Que boa pinta! Tomo nota, e a ver que tal me sae. Xa vos direi. Grazas mil!
Mmmm que rica che sabe
mmmmmmmmmmmmmmmmmm que rica che sabe
Publicar un comentario