jueves, 17 de mayo de 2007

Día das letras galegas...

María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño de 1907. Era a segunda de cinco irmáns-, deixou moi nova a escola para exercer como costureira.

As prementes necesidades económicas en que vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro), onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira.

É precisamente esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita, na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que enriquecerá a súa formación e sensibilidade.A autora noiesa vive parte da guerra civil española en Algorta (Biscaia), e posterioremte escribirá, produto das lembranzas desta traxedia, o relato inédito “Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra“.

Finalizada a guerra civil contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Vasco pola súa profesión de mestre.

Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada.

María Mariño morre o 19 de maio de 1967.

No hay comentarios: