domingo, 18 de febrero de 2007
Orellas do entroido
Orellas da Lúa en Arzúa...
Orellas
(Pratos típicos das festas: De Entroido)
Receta dos Fillos de Galicia
Ingredentes para 6
# 1 Kg de fariña aproximadamente
# 200 g de manteiga
# 1 raladura de limón
# 1/2 raladura de naranxa
# zume dunha laranxa
# 3 ovos
# 75 g de azucre
# 1 vasiño de anís
# aceite
Descrición
Forma un volcán coa fariña. Bota os ovos batidos, a manteiga, o azucre e mais a copa de anís no burato.
Mesturáse e amásase ata que a masa estire. Deixámola repousar 1 hora.
Extendémola sobre fariña salferida facendo unha lámina moi fina. Cortamos en formas oblongas e as fritimos en aceite non moi quente polas dúas caras. Namentres friten dobrámolas un pouco cun garfo para lles dar a forma de orella. Están no seu punto cando collen cor un pouco dourada.
Ímolas sacando, deixamos enfriar e as salferimos de azucre (en pó ou normal).
Gonzalo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Mmmm! Moitas grazas pola receta, Gonzalo! Trataremos de poñela en práctica calquera destes días...
Somos uns rapaces e rapazas de Santiago de Compostela que temos un blog de linguas (http://spike-webpage.blogspot.com). Puxemos nel un enlace ao voso blog (esperamos que non vos importe).
Un saúdo de todos!!
Publicar un comentario