sábado, 10 de febrero de 2007

Lévao para casa...

O Refuxio de Bando é un albergue transitorio. Un dos obxectivos deste centro é fomentar a adopción responsábel dos animais e buscar un fogar para cada un deles.

Existen tres formas de adoptar un animal do Refuxio: a adopción, a adopción transitoria é o apadriñamento.

O apadriñamento consiste en axudar a sufragar unha parte dos gastos veterinarios e de alimentación de calquer animal que se atope no Refuxio até o momento da súa adopción.

A madriña ou padriño recibirá unha foto do animal coas súas características; de producirse a súa adopción, seralles comunicada, ao tempo que se lles dará opción de apadriñar a outro animal.

Establécese unha cota anual de 50 euros por animal apadriñado.

Refuxio de Bando
Teléfonos 981 575957 ou 646 492835
Gonzalo


No hay comentarios: