O prometido e débeda, xa lin o Principiño e gustoume.
Tratase de un neno que lle gusta pintar, pero pintaba debuxos que os maiores non entendían, e aconselláronlle que deixase os debuxos .
Entón el fíxose piloto de avións, ata que tivo unha avaría no deserto do Sáhara e así foi como coñeceu o Principiño, e bo non conto mais, que bos deixo coas ansias para que o leades se non o tedes pedídeo prestado e se non coñecedes a alguén que o teña, ide a biblioteca e pedídelo, pero acordádevos de entregalo, eh...
1 comentario:
Hola rapaces: Noraboa polo voso blog. É alucinante ver como uns nenos coma vos teñen ilusións e ganas de facer algo. Xa pode estar orgulloso o pobo de Arzúa de vos, pois facedes chegar o seu nome, a súa cultura e a súa xente ata ven lonxe.
Lidya: así que che gustou "O principiño" a min encantoume ese libro. Eu xa o leín fai moitos anos i é un dos meus libros preferidos. Vouche recomendar outro que seguro que te encantará: "oliver Twist" de Charles Dickens. Seguro que o ten Torreiro na biblioteca. É a historia dun neno na Inglaterra do século XIX, e non che digo máis porque senón perde a gracia. Xa me contarás. eu penso que é moi fermoso. Bueno ánimo ós dous pois é moi importante o que estades a facer.
Dolores
Publicar un comentario