lunes, 29 de enero de 2007

Entrevista ao Alcade de Arzúa. Xaquín García Couso

Entrevista ao Alcalde de Arzúa

¿Cál é o seu nome?

O meu nome é Xaquín.

¿Onde e cando naceu?

Nacín en Vilantime, Parroquia de Arzúa, o día 3/6/1953

¿Cando ti eras neno, con que te divertías?

(Risas)

Con cousas que hoxe no teñen nada que ver, cos animais que había onde vivía eu, facendo carros de madeira, facendo carros de cacholas de nabos, facendo gaitas de canas de trigo e centeo, e xogando cos outros nenos que había moitos na Parroquia, iso si, como agora; pero cos outros medios, tiñamos outros medios moi distintos.

¿Sabe vostede onde se divirten os nenos e os adolescentes, en Arzúa?

Máis o menos si. Agora divírtense... teñen a televisión, teñen Internet, teñen estes xogos ¿como chamades? A Playstation, e tendes moitos sitios onde divertirvos en Arzúa, ¿ou non?. Tedes o parque infantil e actos que organiza o Concello, e que organizan as Asociacións, que ademais están moi ben traballados e hai moitas mais cousas que ao mellor agora no me acordo.

¿Que é o máis importante que fai o seu goberno para os nenos de Arzúa?

Pois o máis importante, creo que hoxe son as Escolas deportivas e o Teatro. Supoño que hai outras cousas que destacar, pero sobre todo, as Escolas deportivas e a Escola Municipal de Teatro, a Aula de Teatro, creo que é o máis importante.

¿Toman en conta as opinións dos nenos para gobernar Arzúa?

Ao mellor debíase contar máis do que se conta, pero por suposto, si nos din o que lles gustaría. Algunhas cousas témolas en conta sempre, pódoche poñer un exemplo de que uns nenos dixéronnos que lles gustaría ter un “carril bici” ata a Área Recreativa de Ribadiso. Estamos intentando poñelo, non é un “carril bici propiamente”, pero que poidan ir en bici, sen tocar a Estrada Xeral (a estrada que vai a Lugo). Ímos intentalo e creo que o ímos facer, poder ir en bici ata Área Recreativa, que ben sabedes que hai un Río, un descanso, e pistas para practicar o deporte.

¿Qué cousas ten pensado facer para os nenos este ano?

Pois, unha desas cousas é esa, que nos ten que saír este ano e despois continuar con toda esa programación que temos, e se pode ter máis, mellor.

A ver se programamos cun autobús para ver algúns partidos de fútbol e temos (que non sei se participastes) a Compostela Cup, que é unha competición que organiza o Concello de Santiago xunto con outros Concellos e continuar co que estamos facendo.

¿Que vai facer referente os nenos para o futuro?

Agora hai polo medio unhas eleccións, a ver se sacamos programas que gusten aos nenos. Tamén vos invitamos a vós, a que nos fagades propostas para os programas, e no noso programa, poder dicir cousas que poidamos levar a cabo nos próximos anos.

¿Por qué quitou a praza de San Xoán?

Non se quitou, púxose, antes no había praza e agora si, o que pasa é que estamos urbanizando de distinta maneira, dándolle prioridade aos peatóns, a xente, e quitándolle algún protagonismo aos coches, que iso é o que se fixo na praza de San Xoán, e mais tamén que foi algo polémico ó redor da Feira, que se urbanizou con ese sentido, sacándolle espazo aos coches e dándollo as persoas.

¿Por qué non fai outra gardería?

Porque ata agora, deu servizo suficiente a que temos, se houbera máis demanda e se non puideramos cumprir cos nenos que haxan para ir á gardería, o que se podería facer é ampliala e faríase... non creo que sexa necesaria outra, senón ampliar a que hai.

¿Ten previsto facer algo para os animais abandonados?

Temos. Por obrigación teríamos que ter algo previsto, pero nin tan sequera o Concello de Santiago é capaz de ter una norma, no unha normativa, senón a perrera que non a dá ni mantido o Concello de Santiago.

Pero si é obrigación para nós, coidar e protexer os animais, entre eles os máis desfavorecidos, que seguramente sexan os cans.

¿É difícil gobernar Arzúa?

Si é difícil.

(Risas)

Sempre é difícil gobernar, pois ademais non se goberna ao gusto de todos.

Pero onde máis difícil é gobernar Arzúa, é polo esparcida que está a poboación; Arzúa ten 244 núcleos de poboación e ten 158 km², e iso, é polo que se fai moi difícil gobernar Arzúa, entón no se dan os bos servizos que se deberían dar. E temos uns recursos para facelo, e o Estado e ademais as outras Administracións, no teñen moi en conta este dato, que vos estou dando, moita superficie e moita poboación dispersa, que iso é o máis complicado.

¿Gustaríache seguir sendo o Alcalde de Arzúa, nas próximas eleccións?

Si que me gustaría, pero sempre e cando, os veciños queiran que o sexa, porque son eles os que deben elixir.

¿Qué proxectos de futuro, ten preparados para mellorar o Pobo?

O que queremos é potenciar as actividades sociais, sobre todo, e despois temos una necesidade que é a de abastecer as parroquias de auga potable, que non a teñen a maioría. E temos que ter un Auditorio para que vós poidades facer teatro, música e toda actividade que vos guste, que temos un Auditorio que non é moi bo.

¿Quere dicir algo máis, para o noso Blog?

Darvos as grazas por vir facer estas preguntas, que é a primeira vez que me fan e creo que pode ser interesante.







4 comentarios:

Anónimo dijo...

hola que bueno mis abuelso eran gallegos y me parece que escribian asi como ustedes

0 dijo...

Si, así es Anónimo, somos del pueblo de Arzúa, en la Provincia de La Coruña, en España.

Anónimo dijo...

Muy buena la pagina y sobre todo la frescura de la nota. Me podrian decir que edades tienen? Desde Uruguay un abrazo.
Mya

0 dijo...

Hola Mya.
Los dos tenemos 10 años, cumplimos 11 en este año.
Gracias por tu comentario.